16 de mayo de 2024

Día das Letras Galegas

    O 17 de maio de 1963 cumpríanse 100 anos da publicación de Cantares Gallegos, obra cumbre de Rosalía de Castro. Desde entón, cada ano celébrase o día das Letras Galegas o 17 de maio, adicándoo a recordar a un escritor ou escritora en galego. En 1963, foi, como non, Rosalía de Castro e en 2024 tamén está adicado a unha escritora: Luisa Villalta. 

    Como recordo dunha data tan sinalada, comparto con vos un dos poemas con mais morriña de Rosalía: 

                         Adiós ríos, adiós fontes (audio)

Espero que o disfrutedes,

Celeste García


No hay comentarios:

Publicar un comentario